Cargando Eventos

Eventos Pasados

Atopar Eventos

Navegación de vista de eventos

Outubro 2017

Presentación da web e foliada

Praza José Sellier, Rúa Pastoriza, 9
A Coruña, A Coruña 15003 Spain
28 Outubro, 2017 @ 1:00 p.m. - 4:00 p.m.

Ademais de estar na rúa, o proxecto Ardelloeixo - Foliadas da Coruña terá tamén un espazo na rede a partir deste sábado 28. Para celebrar a presentación de ardelloeixo.gal haberá unha foliada aberta na Praza José Sellier ás 13h. Vide con instrumentos e con ganas de cantar e de bailar!

Novembro 2017

Presentación do libro-disco ‘Eliseo Parra, nunca perseguí la gloria’

A Repichoca, Rúa Orillamar,13
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
9 Novembro, 2017 @ 8:30 p.m. - 10 Novembro, 2017 @ 1:00 a.m.
De balde

Presentación do novo libro-disco de Eliseo Parra coa presenza do músico, o investigador Pablo Quintana e as Pandeireteiras sen Fronteiros

Decembro 2017

Pasarrúas coa A.C Son d’Aqui

Obelisco, A Coruña, A Coruña, A Coruña Spain
15 Decembro, 2017 @ 8:00 p.m. - 10:30 p.m.

Este venres, a partir das 20:30, a asociación cultural Son d'Aqui amenizará o centro da Coruña cun pasarrúas. Comezarán no Obelisco ás 20.30 e rematarán en María Pita facendo foliada. Animádevos a acompañalos e armar algo de festa!

Presentación do libro “Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña”

Fundación Luís Seoane, Rúa San Francisco, 27
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
16 Decembro, 2017 @ 8:30 p.m. - 10:00 p.m.

Este sábado o músico e arquiveiro de Cántigas da Terra, Moncho do Orzán, presenta o seu libro "Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña" no auditorio da Fundación Luís Seoane. O acto comezará ás 20.30. aCentralfolque edita este libro no que o autor fai un repaso á historia da música coruñesa no século XX, centrándose na figura do mestre gaiteiro Farruco de Montrove. Pero non está só. Nas páxinas do seu libro Moncho danos a coñecer a outros grandes…

Xacanadal 2017

AC Xacarandaina, Calle del Historiador Vedia, 3
A Coruña, A Coruña 15004 Spain
22 Decembro, 2017 @ 5:30 p.m. - 7:30 p.m.

O 22 de decembro a AC Xacarandaina organiza unha tarde pensada para os máis pequenos e pequenas. O Xacanadal contará coa visita dos tres Reis Magos, obradoiros e unha merenda. Para asistir só fai falta inscribirse na secretaría da asociación. A actividade é de balde para persoas socias, e ten un custe de 3 euros para as non socias.

Festa de Nadal con Donaire

Centro Cívico Municipal San Diego, Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N
A Coruña, A Coruña 15006 Spain
22 Decembro, 2017 @ 6:00 p.m. - 8:00 p.m.

A A.C. Donaire celebra o venres, 22 de decembro, a súa festa de Nadal. Terá lugar no Centro Cívico Municipal de San Diego. Ás 18.00 a rapazada da asociación poderá asistir a un espectáculo de maxia na aula 5 do centro cívico, a cargo do mago David Maestro. Ás 18:45 Os Melidaos encherán de música o auditorio de San Diego. A entrada ao concerto será gratuíta e aberta até contemplar aforo.

+ Exportar eventos